miércoles, 16 de marzo de 2011

Susurros do vento


As veces deitome no campo, entre as follas e herbas, e sinto que as arbores cantan.
Unha folla xogando co vento, unha anduriña batendo as suas ás cara o horizonte, unha pinga de chuvia que serpentea entre as follas do carballo.
Decembro chea a miña terra de lamentos, de historias, de meigas.
Terra de festas, de lendas, terra labrega. Terra de cantos, terra de chuvia e meigallos.
Perderme quero, no secreto que os castiñeiros agochan, seguir o camino que a xeada deixa no campo.
O auga, tan pura e sincera, me bica co seu arrullo no pescozo, nas meixelas.
A caricia de Galicia traspásame os poros, rozame os beizos , quentame  o rostro co seu alento.
A natureza esta espida, non mente, non engana. E eu sintome lixeira como unha nube, como esa nube que agora debuxa un cadro no ceo azul, e amárelo e vermello.
¿Qué é esta terra senon recordos?
Nos meus ollos ai imaxes da tua man na miña man, do teu camiñar no meu camiñar. Nos meus ollos as tuas mans voan por enriba e por embaixo, por un ceo negro feito de marfil. E pensó, e sinto, e saio precipitada a ese ceo da memoria donde unha vez xogamos a nubes e soles.
Agora que marcharon cos anos e tormentas, volvo a estar ao teu caron. Agora que soles e nubes marcharon  cos anos e tormentas, volvo a estar o teu caron, volve meu corazón a sentir o cariño negado por desencontros e mentiras. Agora que voltei o lugar do que partin.. sei que  me colleran a man cando teña medo, porque van a estar o meu lado, protectores e invisibles, como a música que me envolvía cando de pequena xogaba a hadas e vos.
Vou voando entre luces e sombras, como voan os cabelos das rapazas.
Quero envolbelo todo co meu sorriso, arropar cunha mirada o sentir que o mundo me transmite. E son fraxil, e unha pequeña ráfaga farame voar.
Neste mundo de chuvia e vida, e vida e chuvia, deixo atrás fantasmas do pasado, mentres agarimo a man da miña xente.
¿Chegaran dende tan lonxe os meus versos? O vento os levara, entre bosques e mares, entre camiños ignotos e virxes. ¿Qué e a vida senon vivir, que e a vida senon sentir?
Chegamos desorientados ao mundo e vivimos una vida atrapallada. Amamos, queremos odiamos. Disfrutamo s dos placeres da xuventude, desempeñamos o papel que nos tocou, e despois, as arrugas surcan o noso corpo como un aviso do pouco que queda. E agora seguimos así, tan desorientados como chegamos, ollando no mundo canto queda por vivir.
Deitada baixo o canto das arbores, dedicome a escoita-lo seu susurro.
E choro e rio, e rio e choro, e a miña risa e as miñas lagrimas fúndense n aterra. A miña alma quedase xogando entre os carballos, mentres o sol crepuscular tiñe de vermellas as suas copas.
Aquí deitada, dedicome a escoitar: un susurro, unha cantiga: o tempo non existe susiña. Ti es o mundo, ti es a vida, ti es o vento.

4 comentarios:

  1. cada vez que lo veo ..... no se que decir

    ResponderEliminar
  2. doy gracias a quien me mando de navidad este video,me hicieron llorar de alegria con tanta emocion,que me estremeci,y me di cuenta que cuando les platicaba me comprendiron captaron mi sesibilidad,y crearon este estupendo video,los adoro,gracias y siguan adelante cen esa sensillez,creatividad,son grandes

    ResponderEliminar
  3. Lo he podido escuchar y ver al lado de Susa, viendo el mar y me ha puesto la piel de gallina. Es precioso. Enhorabuena por el bonito regalo que le habéis hecho a la avóa, la persona más sensible. Disfrutarla al máximo, ella es el mejor regalo, mi madrina.
    Un biquiño muy fuerte
    Maribel

    ResponderEliminar